Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.
Aula Invertida de Jesús
Un camiño polo Bosque do Coñecemento é do que vai este curso 23/24. Trátase de que cada un de nós debemos avanzar polo sendeiro dos valores e saberes. Atopámonos con Matogueiras, con diversas Tormentas e incluso cunha grande cantidade de proxectos que realizar. Trátase de embarcarnos nos nosos intereses e motivacións. O noso lema é #FollasDoMesmoSouto, pois traballamos, de xeito constante, coa diversidade e co conxunto dos valores sociais que deben formar parte da nosa sociedade. Imos!