Ir al contenido principal

As presentacións do alumnado vencelladas ao Entroido deste ano

Se vos fixastes na publicación anterior, os nenos e nenas que foron do Grito, pola parte de atrás do seu fondo, ía un código QR ben grande que enlazaba coa presentación que a continuación vos presentamos.

Trátase de que cada alumno/a realizou unha presentación sobre as dúas obras das que foron caracterizados/as neste Entroido. As dúas vencelladas á saúde mental, e así o fixeron constar.

Amáis das aprendizaxes adquiridas en contido, o alumnado aproveitou esta oportunidade para ir mellorando na súa competencia dixital a través do uso e manexo de Canva, un aplicativo en auxe, sobre todo para os traballos académicos.

Botádelle unha ollada que, para ser das primeiras presentacións que fan, non teñen queixa ningunha.




Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.