Atopámonos ante unha actividade transversal ; isto é, trata de vincular e relacionar distintas áreas: Lingua Galega, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Plástica... Consistiu en traballar coa tipoloxía de ecosistemas, así como coas relacións que se dan neles. Cada alumno/a, realizou unha maqueta vinculada a un tipo de ecosistema e, cada maqueta, estaba relacionada cunha noticia en concreto. É deste xeito, tamén, como traballamos coa semana da prensa. Prestade atención, porque se trata dunha actividade de bastante labor, mais con final útil e recompensado .
Aula Invertida de Jesús
Unha viaxe polo Océano do Saber é do que vai este curso 2022 / 2023. Trátase de que cada un de nós somos peixiños, diversos, que nadamos polo mesmo mar. Atopámonos con Illotes, con diversas Mareas, incluso Vivas e cunha grande cantidade de proxectos que realizar. Trátase de embarcarnos nos nosos intereses e motivacións. O noso lema é #PeixesDoMesmoMar, pois traballamos, de xeito constante, coa diversidade e co conxunto dos valores sociais que deben formar parte da nosa sociedade. Felicidade!