Ir al contenido principal

O coñecemento do TDAH é indispensable para nós

A realidade na que vivimos lévanos a estar informados/as de moitos aspectos que nos rodean, e non vai ser menos do TDAH. Este trastorno é moi frecuente en persoas da nosa contorna e é por iso polo que fixemos os seguintes traballos.

É un "proxecto" que xorde da necesidade e da motivación do alumnado. Deste xeito, empregamos moitas das áreas para levalo a cabo, pois integra diversas materias, provocando unha globalización da aprendizaxe.

Cada vez, estamos máis orgullosos do noso alumnado. Valores, aprendizaxes e competencia dixital. Ollade todo o que realizaron durante estes días.

TDAH
TDAH
TDAH
TDAH
TDAH
Presentación Infantil Proyecto Creativo Moderna Multicolor



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.