Ir al contenido principal

O coñecemento do TDAH é indispensable para nós

A realidade na que vivimos lévanos a estar informados/as de moitos aspectos que nos rodean, e non vai ser menos do TDAH. Este trastorno é moi frecuente en persoas da nosa contorna e é por iso polo que fixemos os seguintes traballos.

É un "proxecto" que xorde da necesidade e da motivación do alumnado. Deste xeito, empregamos moitas das áreas para levalo a cabo, pois integra diversas materias, provocando unha globalización da aprendizaxe.

Cada vez, estamos máis orgullosos do noso alumnado. Valores, aprendizaxes e competencia dixital. Ollade todo o que realizaron durante estes días.

TDAH
TDAH
TDAH
TDAH
TDAH
Presentación Infantil Proyecto Creativo Moderna Multicolor



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.

O 3 de decembro no Bosque sempre se celebra

Acabamos de realizar algo que nos #entusiasma, pero sobre todo, algo cargado de # inclusión , de normalización e de # dignidade . Traducimos a canción # DaMesmaRaíz a pictogramas. Os obxectivos foron moitos, entre eles o aprender a empregar diversas aplicacións de sistemas alternativos de comunicación (#Pictotraductor e #Arasaac), que empregarán a partires de agora de xeito diario; o incluir a todas e todos e o converternos en persoas un chisquiño máis xustas e reflexivas. Plástica, Valores, Proxecto Competencial, Lingua Galega, Lingua Castelá, Música… Moitas # áreas relacionadas con moitas fins en común. É unha actividade deseñada para tratar e traballar de xeito directo e continuo o # DíaInternacionalDaDiscapacidade , celebrado o 3 de decembro. Música: Da Mesma Raíz. Autores: Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno e Jesús Somoza. Aquí che deixamos o vídeo : Cada fotografía que vas ver a continuación, é unha estrofa cos seus versos. Están por orde, polo que velaí tés a canción Da Mesma Raíz

Si á convivencia... Empregamos dous libros para iso

As nenas e nenos de sexto de Educación Primaria realizamos traballos vinculados á lectura dos libros de Las jirafas no pueden bailar e de Invisible . Preparamos as lecturas e fomos clase por clase, dende Infantil ata quinto de Primaria , contándolles estas historias. As dúas teñen que ver coa convivencia e con pronunciar o "non" ao acoso escolar. Porque lendo aprendemos, e non so contidos, senón que actitudes que conformarán unha mellor sociedade no futuro. Aquí quedan as presentacións que se realizaron para acompañar a lectura, moitas delas inclusivas .