Ir al contenido principal

Saúde Mental, Arte e Entroido; todo unido

 🎭🎨 #Guernica e #ElGrito no noso #Entroido deste 2024 | Dúas obras de arte representadas e relacionadas coa #SaludMental. É o resultado dun traballo que transcende a semanas atrás, de #concienciación e #coñecemento. Pasamos a comentarvos o significado das fotografías anteriores:

1. O Guernica, formado por un conxunto de láminas que suxeita o alumnado. É unha obra onde as emocións e a saúde mental das persoas cobra importancia 🧠.

2. Un exemplo do Berro, unha pintura que mostra o horror, a frustración, delirio, abafo e ansiedade do protagonista 😱.

3. É a representación do noso Guernica singular antes de ser laminado. Ollo, conformado por cores vinculadas e asociadas a distintas emocións. É o resultado dun traballo en grupo.

4. É o Guernica laminado, demostrando que coa arte todo pode volver encaixar; e leste foi o caso 🧩.

5 e 6. Cada neno que soportaba as láminas do Guernica, ía vestido dunha cor e cunha emoción asociada, de aí os #emojis. Desta forma representamos que, nas pinturas, o estado de ánimo e saúde mental é importante 🥰. Cada neno/para tivo que saber o propio significado da súa emoción, e a dos seus compañeiros/as, para representalas 🥹.

7. É o fondo de #ElGrito, por unha banda e polo outro. Centrámonos na parte traseira, na que podemos ver o significado do #Contigo e un código QR, que nos enlaza a un conxunto de traballos que o alumnado realizou en #Canva para traballar con estas dúas obras de arte 👨‍💻.

8. Son as dúas persoas que aparecen no fondo de #ElGrito, onde cada unha delas teñen asociadas unha palabra de tipos ou síntomas de enfermidades mentais 👥.

🟢 Queremos que nos comentes o que che pareceu todo isto 🔵










Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.