Ir al contenido principal

Vacínate pola Igualdade, unha #campaña moi especial

Para nós é un #privilexio o sentir que un traballo pertence a todxs ao haber sentimento cara o mesmo. Esta #Campaña de #VacínatePolaIgualdade está sendo moi proveitosa e motivadora. 

Todo está vinculado ao día de hoxe, ao #8M, mais todos sabemos que se trata de conmemorar isto todos vos días. A continuación, expoñémosche algunha das actividades que fixemos:

FOTOS 1 e 2. Son ou resultado final de toda a nosa campaña. É un mural ambientado nun #HospitalDeCampaña, onde tratamos a #igualdade do xeito que precisa e merece. 


FOTO 3, 4 e 5. Son as mulleres que os nenos e nenas levan #NaMiñaPel (súa); tentamos ir un chisquiño máis alá e pensar en mulleres que fosen máis alá da súa familia. Esta actividade comeza coa audición e análise da canción de Na Miña Pel dá nosa querida @luciaperezmusic ✨. 



FOTO 6 e 7. Son os #BotesDesinfectantesDaDesigualdade. Trátase de recipientes que conteñen diversos valores que provocan a confianza na igualdade, apagando e eliminando todo o vencellado á desigualdade. Neste caso, reflexionaron acerca do moito que nos prexudica como persoas. Saíron cousas ben curiosas. 


FOTO 8. Son as #XiringasInmunizadoras, pois converten a calquera persoa en inmunizada ante o virus da desigualdade. En cada Xiringa escribiron un nome en positivo e vencellado á igualdade. As cores das mesmas están asociadas ás cores das emocións positivas. 

FOTO 9. #QueTeñoQueFacerParaProtexermeDaDesigualdade; a esa pregunta responden as nosas máscaras. En cada unha delas hai debuxos que reivindican a presenza dá igualdade, sexa económica, social, ou calquera outra vinculada ao xénero. 

FOTO 10. #TiritasProtectoras, con lemas e/ou pareados que nos lembran e aseguran a cura das emocións e a aposta pola #igualdade. O significado dás tiritas xa o coñeces, pois uso mesmo aplicado a todo isto. 

Que teñades un feliz día. Hoxe e sempre. Compartes?


#aulainvertidadejesus

Comentarios

Entradas populares de este blog

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.

O 3 de decembro no Bosque sempre se celebra

Acabamos de realizar algo que nos #entusiasma, pero sobre todo, algo cargado de # inclusión , de normalización e de # dignidade . Traducimos a canción # DaMesmaRaíz a pictogramas. Os obxectivos foron moitos, entre eles o aprender a empregar diversas aplicacións de sistemas alternativos de comunicación (#Pictotraductor e #Arasaac), que empregarán a partires de agora de xeito diario; o incluir a todas e todos e o converternos en persoas un chisquiño máis xustas e reflexivas. Plástica, Valores, Proxecto Competencial, Lingua Galega, Lingua Castelá, Música… Moitas # áreas relacionadas con moitas fins en común. É unha actividade deseñada para tratar e traballar de xeito directo e continuo o # DíaInternacionalDaDiscapacidade , celebrado o 3 de decembro. Música: Da Mesma Raíz. Autores: Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno e Jesús Somoza. Aquí che deixamos o vídeo : Cada fotografía que vas ver a continuación, é unha estrofa cos seus versos. Están por orde, polo que velaí tés a canción Da Mesma Raíz