Benvid@s e grazas por estar aí. Fai tempo que veño pensando no como , de que maneira poder compartir con vós distintas ideas ou actividades que me xorden. Todas elas vinculadas ao mundo que máis me chama á atención: o do ensino. É por iso polo que se decide abrir esta bitácora e presentarvos distintas Partes do Todo que vou facendo. Quen son? Son Jesús Somoza, mestre de Educación Primaria nun colexio público de Vigo. Por distintas circunstancias, durante este curso tamén son mestre de Educación Física. Os estudos de música de nivel profesional estiveron ligados a min durante dez anos. A fotografía e o audiovisual están presentes en min. Confío nunha ensinanza onde a reflexión, a capacidade crítica e o tratamento dunha educación en valores con rigor, poden ser posibles. Igualdade, empatía e liberdade. Descubrir e guiar. Acompañádesme nesta aventura? Conto contigo .
Atópaste no perfil de traballo do profe Jesu. Durante este curso, atopámonos no Aeroporto Musical #OAM. Este blogue servirache para ver e coñecer moito do que imos facendo ✈️ 🎶… Úneste a nós nesta aventura? Estamos voando con distintos Pasaportes, Billetes, Mostradores de Facturación, Turbulencias... Moitísimas aventuras empregadas para motivar ao alumnado. Primeiro ano deste mestre como "profe de Música" e cuxo obxectivo final será #IrCoaMúsicaAOutraParte. Imos!