Ir al contenido principal

O novo LOGO para este 2024/2025

💛 #ONovoLogo. Chega o noso novo #logo á nosa aula; constituirá a nosa imaxe de referencia ao longo do, xa, presente curso académico.

A continuación, dámosvos todos os detalles do seu significado:

  • O #pentagrama está composto por liñas de cor. Cada cor representa unha emoción (🧡: sorpresa, 🩷: amor, 💛: ledicia, 💜: medo, 💙: tristeza). Son os cinco grandes grupos das emocións, deixando atrás o asco (🟢) e a ira (🔴). Á fin de todo, a música coas emocións están máis que vinculadas.

  • O #avión está relacionado co nome da nosa aula. Amáis, significa a universalidade da música e que, esta, non ten fronteiras; verémolo na aula. Por certo, o ✈️ está asentado na nota #si amarela, a do optimismo e ledicia.
  • As #aspas ao lado dunha das rodas do avión, significan movemento e representan a ansia por realizar novos proxectos. O non parar está presente.
  • A #corchea representa a brevidade e fugacidade do tempo, pois cada aula só terá unha sesión semanal de música e, cando nos deamos conta, o curso #voou.
  • A #pincelada amarela de fondo representa a #arte, pois a música é considerada así… Por que a cor amarela? Por todo o positivo que transmite (representa a ledicia) e porque é a nosa cor favorita.

Agardamos #cohesionar toda esta teoría na nosa aula e convertela, así, nun espazo #feliz. Despegamos!



Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.