Ir al contenido principal

Unha actividade de Plástica ben curiosa

Resulta que as actividades que parecen xurdir da nada, son as que finalmente rematan sendo das máis importantes e significativas. Esta xorde dun día de Plástica que, como docentes, nos atopabamos bloqueados no que facer.

En que consistiu? Repartimos a cada alumno/a tres anacos de cartolina amarela, sen ningunha forma e totalmente aleatorios. Eses tres anacos tiñan que formar parte dunha composición ou debuxo, é dicir, deberían atribuirlles un sentido dentro do seu debuxo. Unha vez o fixeran, tentarían pensar nunha historia asociada á súa creación.

Do anterior é de onde xorden os Microrrelatos do SúperPacífico, que podes ver na publicación seguinte a esta. Deixámosvos por aquí algunha das creacións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.