Ir al contenido principal

Os microrrelatos do SúperPacífico

Como xa sabemos, intentamos vincular sempre os contidos currículares a algo distinto e motivador para o alumnado; é por iso polo que tamén executamos a idea que aquí vos expoñemos.

Con motivo do día da paz e da nosa campaña particular do SúperPacífico, aproveitamos as áreas das Linguas para elaborarmos microrrelados dos que obter aprendizaxes. Cada neno ou nena elaborou un, case todos son fábulas e nos que se extrae sempre un fin social.

Desexamos que vos gusten; o mestre quedou feliz ao ver tan boas obras, que describen un fondo de traballo e de valores. Grazas, nenas e nenos, por facer desta unha actividade tan especial.

Agardamos que ti, que nos les, lle contes estes contos aos nenos e nenas que tés preto.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.