Ir al contenido principal

O noso SúperPacífico deu moito de sí

#SúperPacífico en acción. Todo o que facemos, tentamos que sexa produtivo para o noso alumnado. É por iso polo que non queremos que sexa un mural sen máis. A continuación, presentámosvos a cada un dos seus elementos:

Foto 1. O obxectivo final deste mural é que o noso SúperPacífico consiga chegar ao final da pantalla e atrapar á bandeira da paz ☮️, conformada por moitas bandeiras de países e que reivindican a paz e unión entre países.

Foto 2. Os champiñóns 🍄 equivalen á #PersonaVitamina que cada alumno/para pode ter. É unha mostra de que, para que o SúperPacífico avance, débese servir de todas estas persoas, sen exclusión. Así, o alumnado reflexiona sobre o quen. Ademais, estes champiñóns conteñen persoas que lles poden axudar a que executen o que reivindican ou perseguen coa bandeira.

Foto 3. Son as #SúperAcciones; debido a que a SuperMario estas accións sérvenlle para crecer, estas equivalen a accións (verbos) en positivo e que nos servirán para mellorar como persoas 🟨.

Foto 4. As #PlantasPiraña son as que atrapan o negativo, o que o alumnado desexa eliminalo; todo vinculado ao social 💥.

Foto 5. As #FloresFuego, no xogo orixinal, axúdanlle ao protagonista para ter superpoderes; neste caso, as nenas e nenos, deixan claro os que quererían ter 🌷.

Foto 6. As moedas 🪙 son o #UnPuntoPara e responden á pregunta de “A quen lle darías un punto? Un punto para…”. O alumno/para expresa a que ou a quen lle daría un punto e o porqué daríallo. É algo social.

Foto 7. Os bloques os substituimos polas #BanderasPacificadoras e nelas, cada nena/o expón algo que queren reivindicar e o seu porqué. En futuras publicacións, ensinarémosvolas todas sendo minuciosos 🏳️.

Foto 8. É un total das partes.

👏🏾 Lembra en visitar o noso muro para ver máis publicacións asociadas. #Comparte se che gusta 😊

Que che parece? ✨










Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.