Ir al contenido principal

As Bandeiras SúperPacificadoras para o día da Paz

 🏳️ #BandeirasSuperpacificadoras | Por aquí vos deixamos outro recurso que nos está sendo produtivo, tanto por motivación como por aprendizaxe.

👉🏾 Consiste en que cada neno/a debuxará unha bandeira que represente un interese inmaterial / social que cada un/unha teña (por exemplo, a bandeira de protección da ilusión, o dereito de festa, a liberdade de elección de música, etc.)/ etc.). Así, cada discente reflexiona acerca do que sinte e quere.

👏🏾 Todo isto ben relacionado cos valores e coas linguas. É curioso porque xa relacionan, de xeito directo, o contido da bandeira coas emocións.

🏳️ A suma de todas as bandeiras conformarán un todo do que pronto vos falaremos.






Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.