Ir al contenido principal

O Bosque encantado por Samaín

🚪🎃 #OBosqueEncantado | Non é unha porta máis, senón que #todo que nela hai é significativo para nós. Contámosvos:

👉🏾 O #título da porta ten que ver co nome da nosa clase vinculado a estas datas. E démoslle unha volta máis: a cor de cada letra representa o gran grupo de emocións de como se sinte o neno/a no momento no que foi coloreada (grandes grupos: alegría 🟡, amor 🔴, tristeza 🔵, medo 🟣, sorpresa 🟠 ou noxo 🟢). Cada alumnx, colorou unha letra.

👉🏾 #Bruxas e #burbullas. Trátase de que a bruxa leva a emoción oposta a outra dunha das burbullas. Para eles/as, as emocións das bruxas son negativas e as das burbullas son as positivas. 

⭕️ As bruxas rodéanse dun aro vermello, tal e como as sinais de tráfixo, que alude a que esas emocións, aínda que non deben ser prohibidas, si que deben ser tratadas e sentidas. Na #apócema conviven e cócense as emocións positivas.

👉🏾 Significa a entrada a unha clase que xa coñece de emocións.






Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.