Ir al contenido principal

O Hospital de Palabras no noso bosque

🌍 Un novo recurso. Aproveitando que os principios de curso son case sinónimos das faltas de #ortografía (moitas veces abundantes). Creamos este material e mesmo readaptado.

🌡️ Trátase do #HospitalDasPalabras, ao que acudirán, de forma autónoma, cando o profe detecte unha falta de ortografía nos seus traballos. Se esa falta é recorrente por parte de toda a clase e é prolongada durante un #tempo grande, esa palabra trasladarase á UCI.

💉 No #hospital anotará a palabra enferma e, a continuación, escribirán unha oración con cada unha delas.

💊 Nas camas da #UCI (só tres) estarán as palabras que máis fallan na súa ortografía. Estas palabras escribiranse con rotulador de lousa co obxectivo de ilas cambiando.

🏥 E ollo, o hospital será un #HospitalDeCampañaItinerante, de forma que visitará todas a casa, de forma case diaria, para que cada neno analice esas palabras e non cometa ningún fallo vinculado ás palabras que nel están.

🌳 Porque no noso bosque, hai palabras enfermas que merecen ser curadas.

#OBosqueDoCoñecemento #aulainvertidadejesús








Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.