Ir al contenido principal

Sinais de Feminismo, outra actividade no Océano do Saber

💜 Sinais de #Feminismo | Non é circulación viaria, trátase de circulación feminista. Traballamos con dous sinais: as informativas plenas 🔵 e as de prohibido 🔴.

🫂 Foron eles/as os/as que, coa súa inventiva, construíron eses sinais vinculados ao que defende o #8M e, en definitiva, o que se debe defender durante todo o ano.

🌄 Na fotografía, deixámosvos algún exemplo:

🔴 Prohibido o “maior que” dun home sobre unha muller. 🔴 Prohibido o machismo. 🔵 Calquera persoa pode conseguir o que se propoña. 🔵 Igualdade efectiva no deporte. 🔴 Prohibida a discriminación a grupos e a non cooperación. 🔴 Prohibida a violencia  de xénero. 🔴 Prohibida a superioridade do home (…).

🫂 Que gusto e que fácil é traballar con eles/as os valores. Canto aprendemos delas/os.





Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.