Ir al contenido principal

A Saúde Mental por Entroido... Iso traballamos no Océano do Saber

 🎨😍 Que ganas tiñamos de ensinarvos o que tiñamos preparado. Non houbo mellor maneira que traballar o Entroido a través da #SaúdeMental.

😱 O Berro, de Munch, foi o noso obxectivo e, mentres debuxamos e pintamos, coñecemos e reflexionamos sobre a normalización da saúde mental.

🤩 Cada neno/para representou ao Berro, levando de “mochila” o fondo da pintura. O profe, a Munch, quen tentou imitar a (non) saúde mental de Munch.

🙇🏾‍♂️ Con baile e coreografía aprendidas.

🫂 Poida que fose o #entroido máis significativo do que aquí escribe.

#SaúdeMental #Claustro #EducaciónPrimaria #Sexto #Galicia #ACoruña #ElGrito #Munch



Comentarios

Entradas populares de este blog

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

O 3 de decembro no Bosque sempre se celebra

Acabamos de realizar algo que nos #entusiasma, pero sobre todo, algo cargado de # inclusión , de normalización e de # dignidade . Traducimos a canción # DaMesmaRaíz a pictogramas. Os obxectivos foron moitos, entre eles o aprender a empregar diversas aplicacións de sistemas alternativos de comunicación (#Pictotraductor e #Arasaac), que empregarán a partires de agora de xeito diario; o incluir a todas e todos e o converternos en persoas un chisquiño máis xustas e reflexivas. Plástica, Valores, Proxecto Competencial, Lingua Galega, Lingua Castelá, Música… Moitas # áreas relacionadas con moitas fins en común. É unha actividade deseñada para tratar e traballar de xeito directo e continuo o # DíaInternacionalDaDiscapacidade , celebrado o 3 de decembro. Música: Da Mesma Raíz. Autores: Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno e Jesús Somoza. Aquí che deixamos o vídeo : Cada fotografía que vas ver a continuación, é unha estrofa cos seus versos. Están por orde, polo que velaí tés a canción Da Mesma Raíz

O Día Mundial da Infancia chega ao Bosque

Con motivo da conmemoración do Día Internacional Dos Dereitos da Infancia, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento veñen de realizar distintas actividades para seren conscientes dos dereitos que eles e elas posúen. Por un lado, por grupos, afondaron en cada un dos dereitos esenciais. Fixérono a través de diversas presentacións de diapositivas e no que comezamos co traballo coas Tecnoloxías da Información e Comunicación. Ao longo do curso iremos facendo máis. Ademais, realizamos dúas pancartas vinculadas a este día: unha para o noso corredor e outra para unha Carreira Solidaria (#UnXogueteUnhaEmoción) que realizamos. A liberdade para facelos foron preceptos básicos e esenciais: