Ir al contenido principal

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: tarxeta vermella para as malas condutas e non valores

 Sacamos a #TarxetaVermella e lemos a cart(ill)a. 

Aproveitamos o #DíaInternacionalDasPersoasConDiscapacidade para sacar tarxeta vermella ás persoas que non o respecten por múltiples motivos.

En que #consiste a actividade? Deseñamos distintas cartas, escritas por un lado e vermellas polo outro. Do lado escrito, as nenas e nenos, crearon e escribiron distintas frases vinculadas ao respecto da diversidade e discapacidade. O lado vermello está para que o mostren ante condutas nocivas e logo lles lean a cart(ill)a. 

En definitiva, un lado sacamos #tarxeta vermella e polo outro mostramos a #recomendación.

Por certo, quédome coa #mirada que lle poño ao meu traballo e , en concreto, a esta actividade.

#AulaInvertidaDeJesús#ACoruña#EducaciónPrimaria#ClaustroDeIg#ClaustroDePrimaria#ValoresCívicosYSociales



Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.