Ir al contenido principal

Cartas van e cartas veñen. Todo isto acontece na Vía da Sabedoría

Hai un xabarín que, por medio dun carteiro, nos trae cartas dun lugar chamado Parga, pertencente ao concello de Guitiriz. Neste lugar, no CEIP Santo Estevo de Parga, hai unha clase que nos escribe e nos envía cartas que nos fan moita ilusión.

Trátase da clase de terceiro e cuarto de Educación Primaria, que intercambia cartas coa nosa Vía da Sabedoría. Todo isto sérvenos para levar do mellor xeito a fin de curso e para repasarmos moitos contidos de Lingua Galega, Castelá, Ciencias, Valores...

Velaí o primeiro vídeo, onde a Vía da Sabedoría descubre a Correspondencia:


Puxémonos mans á obra e pronto puidemos dicir o de "Cartas enviadas":


O asunto continúa e a Vía da Sabedoría, en menos dunha semana, volveu recibir novas cartas dos nenos e nenas de Parga. Desta vez, algunhas xa viñan con algún pequeno detalle. A actividade continúa.


Neste momento, podemos dar por contestadas ás cartas que nos escribiron as nenas e nenos de Parga; alá van. A ver se nos dá tempo e nos contestan antes de que remate o curso. Imos!




Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.