Ir al contenido principal

A Vía da Sabedoría está no Camiño



Sabiades que nos estamos comprometendo co coñecemento do Camiño de Santiago Francés? Todas as nenas e nenos da Vía da Sabedoría estamos a investigar todas as etapas que van dende:

Villafranca del Bierzo ata Santiago de Compostela

Cada nena ou neno é especialista dunha delas, facéndonos interesantes aportacións a través de explicar a súa etapa mediante vídeos, carteis, maquetas, lapbooks...

De momento, deixámosvos un vídeo que gravamos no Entroido, no que aproveitamos a posibilidade de disfrazarnos de Peregrinos do Museo Itinerante, onde cada neno ou nena levaba no seu chuvasqueiro diversos debuxos que tiveran que ver coa súa etapa. Ademais, neses debuxos ían expostos valores que pode xerar o Camiño.

Este é o vídeo que dá comezo á nosa historia do Camiño de Santiago Francés.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.