Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

As Poesías do Camiño, 21 de marzo

Hoxe traémosvos un traballo útil e no que continuamos aprendendo.Somos prácticos e empregamos dous aspectos fundamentais: O 21 de marzo celébrase o día da Poesía . O proxecto do Camiño de Santiago . Como cada neno/a é especialista dunha das últimas etapas do Camiño Francés, cada un deles/as creou unha poesía onde expresa coñecementos das mesmas. Reparade neste Genially que fixemos e notaredes o resultado dun bo traballo.  Imos, que continuamos!

“Cadaquén”, unha nova actividade dentro de #VacínatePolaIgualdade

Canto nos gusta a materia de Valores Sociais e Cívicos . Canto traballamos cos valores e implementamos a igualdade. A continuación, mostrámosvos outra actividade na que a liberdade ao realizala foi un elemento indispensable. Elixiron unha persoa e decidiron proporcionarlle unha vacina de Vacínate pola aigualdade. E deron as súas explicacións. Prestade a atención: Pincha aquí.

"Vacínate pola Igualdade" comeza o seu traballo

Aproveitando que estamos en marzo e que o seu número 8 está para conmemorar o Día da Muller , puxemos en marcha a campaña de " Vacínate pola Igualdade ". Ocupará todo este mes e realizaremos diversas actividades. " Na miña Pel " é unha proposta onde mesturamos a Plástica , coa Música , cos Valores e coas Linguas . Trátase dunha actividade simple onde cada nena ou neno explicitou as súas mulleres máis importantes e que leva "na súa pel". Para a realización desta actividade, partimos da canción da nosa benquerida Lucía Pérez, titulada Na miña Pel .

A Vía da Sabedoría está no Camiño

Sabiades que nos estamos comprometendo co coñecemento do Camiño de Santiago Francés ? Todas as nenas e nenos da Vía da Sabedoría estamos a investigar todas as etapas que van dende: Villafranca del Bierzo ata Santiago de Compostela Cada nena ou neno é especialista dunha delas, facéndonos interesantes aportacións a través de explicar a súa etapa mediante vídeos, carteis, maquetas, lapbooks... De momento, deixámosvos un vídeo que gravamos no Entroido , no que aproveitamos a posibilidade de disfrazarnos de Peregrinos do Museo Itinerante , onde cada neno ou nena levaba no seu chuvasqueiro diversos debuxos que tiveran que ver coa súa etapa. Ademais, neses debuxos ían expostos valores que pode xerar o Camiño. Este é o vídeo que dá comezo á nosa historia do Camiño de Santiago Francés.