Ben é sabido que nalgún centro educativo os deberes son máis coñecidos que os dereitos e que as prioridades son os primeiros antes que os segundos, mais non estamos de acordo con esa reflexión. Na Vía da Sabedoría quixemos crear un muro permeable, onde cada pedra ou ladrillo é un dereito que elas e eles teñen, de tal xeito que construímos nos nosos dereitos. Mirade como quedou a porta de entrada á nosa Vía!
✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe. Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!
Comentarios
Publicar un comentario