Que orgullo e que alegría podermos realizar esta canción en primicia. O noso profe foi un dos autores da canción e do proxecto. A actitude de equipo que nos une como o de #SomosUnhaPiña fixo que crearamos este vídeo. Atención, porque todas e todos somos #DaMesmaRaíz!
✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe. Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!
Comentarios
Publicar un comentario