Que ben o pasamos facendo esta actividade... Estamos iniciándonos no audiovisual e os nervios eran evidentes, pero... O mellor de todo? A mellora da nosa expresión oral en Lingua Galega e a liberdade que posuímos no momento de expresar o que sentimos... Reparade, que a Coruña mola non ten desperdicio!
✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe. Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!
Comentarios
Publicar un comentario