Ir al contenido principal

A Educación Física evoluciona a "A tres pasos de"

Nos tempos de hogano, cabe resaltar que a REINVENCIÓN de actividades e mesmo de áreas (coñecidas como materias) pode e debe estar presente. A palabra máis soada no 2020 veu para quedarse, cando menos por un tempo, e é por iso polo que decidimos cambiarlle o nome á nosa asignatura.

Se a Educación Física lle chamamos A TRES PASOS DE xa cambia o modelo de concienciación do conxunto do alumnado en canto á súa disposición/separación na aula. Diso se tratou e se trata: o que a primeira semana custou, agora xa se realiza de maneira efectiva, en espazo e tempo.

Non imos a Educación Física, imos a A tres pasos de. O vídeo que, a continuación, vos presento (e lle presentei ao meu alumnado), ten varias finalidades... Adiviñádelas?

Comentarios

Entradas populares de este blog

A preparación da clase é do máis importante

 ✈️ Os primeiros voos xa chegaron ao #OAM. Semana de intensidade, de noticias e novidades; de organización e de situarse; de observar a nitidez ao lonxe.  Habemos de recoñecer que sempre intentamos poñer a clase ao noso gusto, e é por iso polo que nos dá traballo; en ocasións, sempre reflexionamos acerca do dito de "Deixa a clase tal e como che gustaría atopala". Comezamos a voar!

Descubrimos lugares e espazos protexidos de Galicia

Aproveitando que o pasado 22 de abril foi o Día da Terra e coa intención de traballarmos con contidos de distintas áreas, puxémonos mans á obra e desfrutamos coa aprendizaxe de diversos lugares protexidos de Galicia. O traballo en grupo, así como o desenvolvemento da Competencia Dixital estiveron moi presentes. Aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Aproveitando que este dous de abril se celebra o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo, as nenas e nenos do Bosque do Coñecemento (sexto de Educación Primaria), realizaron diversas presentacións en Canva para coñeceren moito acerca do mesmo... Canto descubriron e canto aprenderon! Na seguinte presentación, clicando en cada un dos círculos , verás todos os seus traballos. Ademais, estamos coa campaña de "Ilumina de azul", que proximamente vos contaremos.