Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

O Atlántico parte de Ti, deportes mariños

A Vía da Sabedoría asistimos á actividade de " O Atlántico parte de ti ", un programa pensado para achegar o mundo da vela aos nenos e nenas. Grazas ao Concello da Coruña, empregamos un día para irmos ao náutico da Coruña a gozar desta marabillosa e produtiva actividade. Aquí queda un vídeo no que queda constancia o ben que transcorreu todo.

A nosa querida Rosalía está presente na Vía da Sabedoría

  Aproveitamos que traballamos co Rexurdimento na nosa aula para investigar e coñecer máis a Rosalía de Castro . Démonos conta que dun poema pode saír máis arte. E así foi. A continuación, presentámosvos todo o noso traballo, dun xeito distinto e onde se recolle todo o noso traballo. Gozade do feito!