Ir al contenido principal

Entradas

Así conmemoramos o 2 de abril, Día Internacional do Autismo

Entradas recientes

Vacínate pola Igualdade, unha #campaña moi especial

Para nós é un #privilexio o sentir que un traballo pertence a todxs ao haber sentimento cara o mesmo. Esta #Campaña de #VacínatePolaIgualdade está sendo moi proveitosa e motivadora.  Todo está vinculado ao día de hoxe, ao #8M , mais todos sabemos que se trata de conmemorar isto todos vos días. A continuación, expoñémosche algunha das actividades que fixemos: FOTOS 1 e 2 . Son ou resultado final de toda a nosa campaña. É un mural ambientado nun #HospitalDeCampaña , onde tratamos a #igualdade do xeito que precisa e merece.  FOTO 3, 4 e 5 . Son as mulleres que os nenos e nenas levan #NaMiñaPel (súa); tentamos ir un chisquiño máis alá e pensar en mulleres que fosen máis alá da súa familia. Esta actividade comeza coa audición e análise da canción de Na Miña Pel dá nosa querida @luciaperezmusic ✨.  FOTO 6 e 7 . Son os #BotesDesinfectantesDaDesigualdade . Trátase de recipientes que conteñen diversos valores que provocan a confianza na igualdade, apagando e eliminando todo o vencellado á desi

23 de febreiro, día singular: a Rosalía de Castro contada por nós

As nenas e nenos de sexto de Educación Primaria, do Bosque do Coñecemento, este ano traballamos co día de Rosalía (23 de febreiro) a través de facermos diversas diapositivas acerca da súa vida, obra e legado. Todo foi realizado a través de Canva.  Esta farramenta comézanos a resultar familiar e cremos que será produtivo no futuro próximo; amáis, aprendemos a diferenciar a información válida da que non o é, así como a citar as fontes de información. Continuamos avanzando de xeito global e atendendo ao desenvolvemento da Competencia Dixital e ao traballo coas Linguas , de xeito transversal, nun día tan importante. Podes ver o noso traballo se clicas aquí abaixo: ROSALÍA DE CASTRO 2024

As presentacións do alumnado vencelladas ao Entroido deste ano

Se vos fixastes na publicación anterior, os nenos e nenas que foron do Grito, pola parte de atrás do seu fondo, ía un código QR ben grande que enlazaba coa presentación que a continuación vos presentamos. Trátase de que cada alumno/a realizou unha presentación sobre as dúas obras das que foron caracterizados/as neste Entroido. As dúas vencelladas á saúde mental, e así o fixeron constar. Amáis das aprendizaxes adquiridas en contido, o alumnado aproveitou esta oportunidade para ir mellorando na súa competencia dixital a través do uso e manexo de Canva, un aplicativo en auxe, sobre todo para os traballos académicos. Botádelle unha ollada que, para ser das primeiras presentacións que fan, non teñen queixa ningunha.

Saúde Mental, Arte e Entroido; todo unido

 🎭🎨 #Guernica e #ElGrito no noso #Entroido deste 2024 | Dúas obras de arte representadas e relacionadas coa #SaludMental. É o resultado dun traballo que transcende a semanas atrás, de #concienciación e #coñecemento. Pasamos a comentarvos o significado das fotografías anteriores: 1. O Guernica, formado por un conxunto de láminas que suxeita o alumnado. É unha obra onde as emocións e a saúde mental das persoas cobra importancia 🧠. 2. Un exemplo do Berro, unha pintura que mostra o horror, a frustración, delirio, abafo e ansiedade do protagonista 😱. 3. É a representación do noso Guernica singular antes de ser laminado. Ollo, conformado por cores vinculadas e asociadas a distintas emocións. É o resultado dun traballo en grupo. 4. É o Guernica laminado, demostrando que coa arte todo pode volver encaixar; e leste foi o caso 🧩. 5 e 6. Cada neno que soportaba as láminas do Guernica, ía vestido dunha cor e cunha emoción asociada, de aí os #emojis. Desta forma representamos que, nas pin

Os mestres fomos Inspiradores Da Arte por Entroido

 #InspiradorDaArte 🎨🎭 | Mesturamos a arte coa saúde mental; e nós, vos mestres, exercemos a función de inspirar, a través das emocións e da pintura. Na seguinte publicación contarémosvos de que se disfrazaron os nenos e nenas e a súa finalidade.

Os microrrelatos do SúperPacífico

Como xa sabemos, intentamos vincular sempre os contidos currículares a algo distinto e motivador para o alumnado; é por iso polo que tamén executamos a idea que aquí vos expoñemos. Con motivo do día da paz e da nosa campaña particular do SúperPacífico, aproveitamos as áreas das Linguas para elaborarmos microrrelados dos que obter aprendizaxes. Cada neno ou nena elaborou un, case todos son fábulas e nos que se extrae sempre un fin social. Desexamos que vos gusten; o mestre quedou feliz ao ver tan boas obras, que describen un fondo de traballo e de valores. Grazas, nenas e nenos, por facer desta unha actividade tan especial. Agardamos que ti, que nos les, lle contes estes contos aos nenos e nenas que tés preto. OS MICRORRELATOS DO SÚPERPACÍFICO Leer más publicaciones en Calaméo