Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

VENTOS DE PAZ, na Vía da Sabedoría

Non é nada novo para nós traballarmos con todos os valores que leven consigo a palabra Paz. Son moitas as actividades que realizamos para tratar de promover unha mellor convivencia e o respecto cara todas e todos. Amáis, aproveitando que se celebra o Día da Paz Escolar e Non Violencia , xeramos unha " mini campaña " onde nos deu un aire de Paz. Tamén fixemos os Gorrións do Poder Súper para "voar" con eses ventos . Todo isto baixo a campaña de VENTOS DE PAZ . Que ben o pasamos e como o entendemos!

Vertebrar con Plástico, unha aventura de coñecementos!

#VertebrarConPlástico é o primeiro proxecto deste novo ano na #VíaDaSabedoría.   Traballamos os animais vertebrados dun xeito distinto, tratando de vincular as Ciencias Naturais a outras áreas como a Plástica e a Lingua Galega , así como acercando os contidos á educación en valores a través da reciclaxe. O proxecto aínda non rematou, as #TIC e a expresión oral e escrita cobrarán presenza neste último treito do mesmo. Motivar e ensinar. Aprender motivados. Dous obxectivos fundamentais.