Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

O #25N e #DaMesmaRaíz na Vía da Sabedoría

Que orgullo e que alegría podermos realizar esta canción en primicia. O noso profe foi un dos autores da canción e do proxecto. A actitude de equipo que nos une como o de #SomosUnhaPiña fixo que crearamos este vídeo. Atención, porque todas e todos somos #DaMesmaRaíz !

A Coruña como cidade educadora

Que ben o pasamos facendo esta actividade... Estamos iniciándonos no audiovisual e os nervios eran evidentes, pero... O mellor de todo? A mellora da nosa expresión oral en Lingua Galega e a liberdade que posuímos no momento de expresar o que sentimos... Reparade, que a Coruña mola non ten desperdicio!

Os dereitos da Infancia tamén merecen ser celebrados

Ben é sabido que nalgún centro educativo os deberes son máis coñecidos que os dereitos e que as prioridades son os primeiros antes que os segundos, mais non estamos de acordo con esa reflexión. Na Vía da Sabedoría quixemos crear un muro permeable, onde cada pedra ou ladrillo é un dereito que elas e eles teñen, de tal xeito que construímos nos nosos dereitos. Mirade como quedou a porta de entrada á nosa Vía!

Plástica e Arquitectura, unha realidade

A transversalidade dos coñecementos. Os planos en Ciencias Sociais e o traballo óculo manual en Plástica. Do abstracto ao concreto. Da realidade á creatividade. En todo o anterior consistiu esta actividade que hoxe propuxemos. Arquitectura e aprendizaxe.

Moitas mans para interpretar unha única obra

A interpretación da arte e o traballo colaborativo traen consigo esta actividade. Consiste en intentar xerar unha actitude e creatividade colectivas , deste xeito descubrimos como funciona o equipo. A Gioconda a ollos de quinto de Educación Primaria.

O SAMAÍN máis terrorífico da Vía da Sabedoría

Unha maneira de comezar a traballar a poesía é a través dos Pareados. É por iso polo que a nosa clase decidiu apostar polos Pareados de Samaín . Auténtica riqueza a que saíu ao botar a andar a nosa creatividade. Reparade no vídeo e comprobarédelo.