Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

A Educación Física evoluciona a "A tres pasos de"

Nos tempos de hogano, cabe resaltar que a REINVENCIÓN de actividades e mesmo de áreas (coñecidas como materias) pode e debe estar presente. A palabra máis soada no 2020 veu para quedarse, cando menos por un tempo, e é por iso polo que decidimos cambiarlle o nome á nosa asignatura. Se a Educación Física lle chamamos A TRES PASOS DE xa cambia o modelo de concienciación do conxunto do alumnado en canto á súa disposición/separación na aula. Diso se tratou e se trata: o que a primeira semana custou, agora xa se realiza de maneira efectiva, en espazo e tempo. Non imos a Educación Física, imos a A tres pasos de . O vídeo que, a continuación, vos presento (e lle presentei ao meu alumnado), ten varias finalidades... Adiviñádelas?

A TI, DOUCHE A BENVIDA

Benvid@s e grazas por estar aí. Fai tempo que veño pensando no como , de que maneira poder compartir con vós distintas ideas ou actividades que me xorden. Todas elas vinculadas ao mundo que máis me chama á atención: o do ensino. É por iso polo que se decide abrir esta bitácora e presentarvos distintas Partes do Todo que vou facendo. Quen son? Son Jesús Somoza, mestre de Educación Primaria nun colexio público de Vigo. Por distintas circunstancias, durante este curso tamén son mestre de Educación Física. Os estudos de música de nivel profesional estiveron ligados a min durante dez anos. A fotografía e o audiovisual están presentes en min. Confío nunha ensinanza onde a reflexión, a capacidade crítica e o tratamento dunha educación en valores con rigor, poden ser posibles. Igualdade, empatía e liberdade. Descubrir e guiar. Acompañádesme nesta aventura? Conto contigo .